viernes, 28 de junio de 2013

Au revoir, mes amis!


         O noso camiño chegou ao seu fin... o curso rematou e este blog é a bitácora do noso percorrido.
Chegamos ao fin do camiño cunha exposición polos corredores do noso cole na que da man do conto de Ana María Fernández e Xoán Babarro, ilustrado por Luisa Vera: "O Camiño de Santiago do A ao Z" xuntamos as nosas achegas para percorrer dende Francia a Lousame...
O departamento de Inglés de Primaria fixo o libro con recitas saudables que víchedes no post anterior, o departamento de Relixión de Primaria realizou unhas maravillosas ilustracións do mundo medieval: o castelo, o cabaleiro e o pelegrín. O departamento de Lingua achegou a súa exaltación da gastronomía galega, o departamento de Francés de Secundaria tamén presentou os carteis de vocabulario gastronómico francés...
A biblioteca achegou materiais lúdicos como un xogo de cartas e outro da oca sobre o Camiño de Santiago, e tamén libros, por suposto!
Moitas grazas a todas e todos os que colaboráchedes para facer este maravilloso percorrido polo Camiño das Estrelas!!




jueves, 20 de junio de 2013

The Milky Way: Foods along the French route


Aquí tedes o traballo que fixeron as alumnas e alumnos de Primeiro e Segundo Ciclo de Primaria, xunto coas achegas das súas familias, a colaboración das titoras María Ana Belén, Silvia y Elena e dos profesores Marta e Pablo e o esmerado traballo da súa profesora de Inglés: Un percorrido polo camiño das estrelas gastronómico. Para abrir o apetito!


O libro recolle o máis salientable da gastronomía que nos podemos atopar no Camiño de Santiago, dende as crêpes, galettes, cofit de pato francesas ata o polbo e a empanada, pasando polas comunidades navarra, rioxana, castelás e leonesa...

Parabéns por tan apetitoso traballo!!!