viernes, 28 de junio de 2013
Au revoir, mes amis!
O noso camiño chegou ao seu fin... o curso rematou e este blog é a bitácora do noso percorrido.
Chegamos ao fin do camiño cunha exposición polos corredores do noso cole na que da man do conto de Ana María Fernández e Xoán Babarro, ilustrado por Luisa Vera: "O Camiño de Santiago do A ao Z" xuntamos as nosas achegas para percorrer dende Francia a Lousame...
O departamento de Inglés de Primaria fixo o libro con recitas saudables que víchedes no post anterior, o departamento de Relixión de Primaria realizou unhas maravillosas ilustracións do mundo medieval: o castelo, o cabaleiro e o pelegrín. O departamento de Lingua achegou a súa exaltación da gastronomía galega, o departamento de Francés de Secundaria tamén presentou os carteis de vocabulario gastronómico francés...
A biblioteca achegou materiais lúdicos como un xogo de cartas e outro da oca sobre o Camiño de Santiago, e tamén libros, por suposto!
Moitas grazas a todas e todos os que colaboráchedes para facer este maravilloso percorrido polo Camiño das Estrelas!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario